Tuesday, February 6, 2007

Boina Azul

Tiben que desplumar a un zento de mouchos vestidos con chaqueta e sombreiro de copa que vivian no último piso de unha gótica torre de reloxo, onde aproveitei para alimentar ao meu pequeno homunculo, Bicho, con reloxos parlantes.

E aguantar ao insoportable de Morguenstein.

Viaxei por medio mundo ate chegar á poirenta Rachel, lugar de fanaticos e tunicas brancas, para encontrarme co paralitico que realizou por fin o trabalho.

QUe BOnita A MInha BOina Azul!!!!


Uns detalhes mais e comprenderei como funciona a Maquina Rudimentaria.

Recordo de onte un sonho:

Chegaban do espacio en cilindros de metal un grupo de seres humanoides, e cando os via, sabia como foran creados. Presentouseme a imaxen de un home torturado por outro. O segundo non deixaba de darlle patadas e esmagalo contra o chan, e da sangue que a victima derramaba ibanse formasdo os seres que en ese moment tinha en frente de min. Cando se formou o último a sua figura foi sustituida pola do torturado, e algo mais de este pasou nes tranferencia, pois ao miralo de frente notei nel un seco e calado odio polos seus irmans e por el mismo, asi como polo catalizador gracias ao cal a sua existencia fora posible, e quizais tamen cara a pobre masa de carne que lle roubara a forma, pero para o cal seguia a cumprir encomendas, como a que onte o trouxo ao meu sonho.

Preciso de me airear.

Espero que cando volva non siga sonando a musica de piano no cuarto de banho.

No comments: